Un novo equipo de excarcelación para o GES de Ponteceso e un Todoterreno para Protección Civil de Muxía
Segue a Xunta repartindo o único beneficio real que teñen os Concellos que sufrimos os parques eólicos nos nosos montes. Mellor nos parecería pagar a luz máis barata, pero a contrapartida que escolle a Xunta é repartir entre os concellos o que chama o Fondo de Compensación Ambiental.
Algo menos dun millón de euros repartiu a Xunta entre Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Muros e Carnota, Camariñas, ou Malpica, entre outros, para diversas obras.
Hoxe toca anunciar a concesión da subvención destinada á execución de diversos traballos de recuperación medioambiental e mellora do entorno en Ponteceso. Unha achega de 109.041 euros que permite acometer melloras na rede de pluviais na parroquia de Tella, levándoa ata os lugares de Os Seixos e á aldea de Tella; e para sufragar o equipamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que conta con 12 efectivos. O GES xa pode contar así co seu propio equipo de excarcelación.
Axudas do Fondo de Compensación aos Concellos da zona
Concello | Aeroxeradores | Metros de liña | Subvención |
Cabana | 13 | 8.497 | 33.155 euros |
Coristanco | 27 | 13.654 | 62.033 euros |
Malpica | 69 | 1.208 | 101.009 euros |
Ponteceso | 63 | 18.713 | 109.041 euros |
Camariñas | 62 | 6.346 | 99.747 euros |
Vimianzo | 68 | 21.869 | 134.849 euros |
Zas | 28,5 | 7.087 | 52.974 euros |
Dumbría | 114 | 5.737 | 173.275 euros |
TOTAL | 445,5 | 83.111 | 767.517 euros |
Un todoterreno da Deputación para Muxía
O pleno da Deputación aprobará mañá a achega de 30.000 euros á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para a adquisición dun vehículo todoterreno. O 4x4 contará con todo tipo de equipamento para intervir en emerxencias. Así, incorporará unha ponte de sinalización, megafonía, focos de alta potencia, así como lanternas, un extintor, botiquín, e cascos de protección.
Novas relacionadas
- O GES xa é unha realidade en Muros e Ponteceso deixando orfos a Vimianzo e Cee.
- O canon eólico deixa 125.000€ en Vimianzo para obras de saneamento.
- Novas melloras para o saneamento de Mazaricos gracias aos 123 viraventos.
- Dumbría e outros 8 concellos da zona sanéanse co canon eólico.
- Muros e Carnota reciben axudas para aforrar enerxeticamente.
- Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico.
- Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica.
Fonte
- Xunta.