venres. 06.06.2025
El tiempo

Unha imaxe de Muxía gaña un dos premios do I concurso de Fotografía Turística da Deputación

Unha imaxe de Muxía gaña un dos premios do I concurso de Fotografía Turística da Deputación
posta-sol-muxia Unha imaxe de Marcos Boedo Casanova chamada "Posta de sol en Muxía" gaña o 3º premio do concurso de Fotografía Turística da Deputación "Posta de Sol en Muxía" - xunto con "San Cosme de Irixoa” e “Catro Camiños” foron as tres imaxes gañadoras do I premio de Fotografía Turística convocado pola Deputación da Coruña. A entrega dos galardóns tivo lugar onte na sede da institución provincial, de mans do presidente da Deputación - Valentín González Formoso -, e do deputado responsable da área de Turismo - Xosé Regueira -. O acto tamén contou coa presenza do xurado que seleccionou as fotografías gañadoras entre o total de 187 obras presentadas, composto polos fotógrafos Vítor Mejuto e Víctor Echave, as técnicas da área Maite Loureiro e Paula Cabado co deputado de Turismo, Xosé Regueira como presidente e o xefe do servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Rafael Díaz Aguado como secretario. O gañador do primeiro premio, consistente en 3.000 euros en metálico, foi Yago Iglesias García por unha fotografía da ermida de San Cosme de Irixoa. O xurado destacou que se trata de "unha imaxe atemporal e serea, que fala de patrimonio e historia". O segundo premio, dotado con 1.500 €, foi para Nacho Romero e a súa imaxe da praza coruñesa de Catro Camiños que, segundo o xurado é "unha obra cosmopolita, dinámica; é unha imaxe vibrante que reflexa o pulso dunha gran cidade". Marcos Boedo Casanova foi galardoado co terceiro premio, de 500€, pola súa fotografía dunha "Posta de sol en Muxía", que foi escollida "por xuntar nunha mesma imaxe o mar e a gastronomía, e aínda que non hai esencia humana, vai implícita". Mención especial Por último, o xurado propuxo por unanimidade facer unha mención especial á obra "Curro", de José Manuel Fernández Souto, porque “a pesar de que a temática é moi recorrente no ámbito da fotografía, o encadre da imaxe é cinematográfico e novidoso”. entrega-premio-fotografia-deputacion O presidente da Deputación da Coruña e o responsable da área de Turismo fixeron onte a entrega dos premios O presidente da Deputación da Coruña felicitou aos gañadores polos seus traballos, que calificou coma “obras que dan a coñecer o inmenso potencial turístico da provincia da Coruña, representando tres destinos esenciais como son as zonas urbanas, o rural e o mar”. Pola súa banda, o deputado da área de Turismo - Xosé Regueira - destacou a alta participación no concurso na súa primeira edición e afirmou que "a imaxe é unha das maneiras de promover os distintos destinos de grande beleza paisaxística e monumental e, nese sentido, o concurso respondeu aos obxectivos e captou a través das cámaras o potencial turístico dos concellos coruñeses”. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios