Martes. 16.04.2024
El tiempo

Unha manga mariña sorprende á veciñanza de Muxía

Unha manga mariña sorprende á veciñanza de Muxía
manga-marina-muxia As 08:00 horas de hoxe rexistrábase unha manga mariña enfrente ao santuario da Virxe da Barca. Imaxe: José Manuel Riveiro Hoxe o día amenceu con frío e mal tempo, o típico destas destas datas. O que non é tan habitual foi a manga mariña - tamén coñecida como tromba mariña -, da que foron testigos esta mañá os veciños e veciñas de Muxía. O fenómeno rexistrouse sobre as 08:00 horas. Os expertos na materia sinalan que este acontecemento é unha consecuencia do paso dunha borrasca que se manifestou en forma de granizo noutros puntos da Costa da Morte. José Manuel Riveiro "cazou" o momento a través da cámara fotográfica do seu móbil nas inmediacións do santuario da Virxe da Barca. Ésta non é a primeira vez que se produce un fenómeno destas características na zona. Precisamente na primavera do 2016 rexistrábase outra tromba mariña en Muxía. Alerta amarela A AEMET  - Axencia Estatal de Metereoloxía - decretou alerta amarela para hoxe en toda a comunidade galega por ventos que poden superar os 90 km/h.   Árbore caída O mal tempo provocou, previsiblemente, a caída dunha árbore na estrada que comunica Pasantes con Fumiñeo, na parroquia muxiana de Coucieiro. Os equipos de emerxencias alertaban do incidente aos Bombeiros de Cee sobre as 09:30 horas de hoxe. Ata alí desprazouse un equipo que retirou as polas que bloqueaban parcialmente a pista. A súa intervención consistiu en cortar e retirar as polas, deixando a pista despexada para a circulación de vehículos.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios