Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha presentación de cine para o novo libro de Suso Bahamonde

Unha presentación de cine para o novo libro de Suso Bahamonde
Suso Bahamonde presentacion

Xa o vimos cos pequenos de Dumbría aprendendo a amar os libros. I é que a poesía é a vida de Suso Bahamonde, un daqueles Feros Corvos do Batallón Literario da Costa da Morte. Este ceense afincado en Muxía, terra de versos, está na recta final cos preparativos da presentación do seu segundo libro de poemas, “Expansión”.

Un libro moi persoal, que nace da necesidade de facer estoupar todo o que o escritor aguantou durante moito meses.
Un libro que sairá á venda este venres 30 de maio, coincidindo coa presentación, que terá lugar no salón de actos do Concello de Cee ás 21:00 horas.

Durante a presentación poderemos ver tamén o trailer que subirá á rede, no que, como nos adiantos dos filmes, amosa en imaxes, o que se atopará no libro. Isto é, como amante do xénero cinematográfico, será unha presentación de cine.

Presentando este poemario interestelar, xunto a Suso estarán ademais Roi de Saraiba, Miguel Paripé e o rapeiro ceense Leö KCh, que porá uns versos cabreados en clave musical.

Expansión

O libro é unha edición conxunta do propio autor e a editora Punto Didot, que nace coa intención de achegar á poesía ás rúas, e non á inversa. Por iso, “Expansión”, ademais das librarías, venderase principalmente noutros círculos, coma en locais de ocio, locales nocturnos, presentacións literarias, concertos, exposicións. Tamén atoparáse en diferentes bibliotecas municipais galegas.
Ademais, tamén está dispoñible unha versión en formato electrónico na rede, para descargar en pdf para calqueira tipo de dispositivo electrónico, por un prezo máis económico.

Así define “Expansión” a súa compañeira de verso María Lado:
“Expansión é un poemario nacido da necesidade do colapso, estoupar. Unha reflexión sobre a fráxil e azarosa existencia, sobre o lugar e misión de cada pequeno latexo de vida no universo e, en consecuencia, é tamén un libro sobre a extinción, a soidade, a falta, a morte… e o que vén despois, ese universo descoñecido”.”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios