Unha Unidade Didáctica para coñecer quen é López Abente na escola
Esta semana a Fundación López Abente vén de subir á súa web a nova e completa Unidade Didáctica sobre o autor muxián, unha ferramenta que os colexios de todo o país poden empregar para ilustrar aos alumnos sobre a súa vida e obra.
Un traballo de de 60 páxinas, dirixido por Xan Fernández Carrera, que permite achegar este autor ao público estudantil, tanto de Muxía e A Costa da Morte, coma do resto de Galicia.
O caderniño didáctico está pensado para traballar na aula co alumnado da etapa de ensino secundario obrigatorio fundamentalmente, pero cunha adaptación por parte do profesorado, tamén se pode estender ao último ciclo de Educación Primaria ou ao Bacharelato.
A Unidade Didáctica comeza cunhas “cuestións previas”, que intentan descubrir o grao de coñecemento que os alumnos/as teñen da figura de López Abente. A continuación divídese en tres apartados, que fan alusión á vida do escritor, á súa obra poética é á narrativa.
Un complemento esencial desta Unidade Didáctica son as obras de López Abente, tanto de poesía, coma de narrativa. Se antes resultaba case imposible conseguilas, agora a través das publicacións que está levando adiante a Fundación resulta doado facerse con elas, sobre todo trala publicación da Poesía Completa coordinada por Miro Villar.
Máis información
Novas relacionadas
- Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente.
- 50 aniversario do pasamento (I): Homenaxeando ao poeta dende “O meu mar”.
- Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.