Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Urxen solventar os problemas de impagos no SAF de Muxía

Casa do Concello de Muxia
Urxen solventar os problemas de impagos no SAF de Muxía

Grave é a situación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Muxía. A empresa concesionaria xa adiantou un mes de soldos pero non pode asumir os retrasos provoados pola falta de pago das facturas do Concello, polo que as traballadoras están sufrindo impagos dos seus exiguos soldos de 1.200€.

O BNG vén de presentar unha moción plenaria para esixir a licitación do Servizo de Axuda no Fogar e evitar os retrasos continuados no pago de nóminas.

O BNG denuncia que o grupo de goberno era consciente de que a empresa só ía adiantar un mes de soldos no caso de que o Concello non pagase as facturas. “O goberno municipal, sabendo isto, non trouxo ao pleno en xullo a modificación de crédito precisa para xestionar os pagos do SAF. Tampouco en agosto. Esperaron ao pleno ordinario do 21 de setembro para presentala, co cal as traballadoras non poderán cobrar antes do 23 de outubro a nómina de setembro.

”A falta de xestión do goberno, que non elaborou un orzamento municipal para 2023 e non licitou o servizo do SAF, a pesar das recomendacións de secretaría e intervención, prexudica a empresa, persoal e posiblemente aos usuarios/as do servizo. É insostible seguir así”, denuncia Mercé Barrientos, que solicita que someta a licitación á maior brevidade o servizo do SAF.

Comentarios