Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Veciños e un Garda Civil evitan que o lume chegue a unha vivenda en Muxía

Veciños e un Garda Civil evitan que o lume chegue a unha vivenda en Muxía
A casa branca da rúa Manuel Murguía case foi afectada polo lume Novo episodio de intoxicación esta pasada madrugada en Muxía. Eran as 05:45H cando efectivos de Protección Civil de Muxía eran mobilizados polo CIAE 112 para sufocar un incendio nunha parte contigua dunha vivienda (o n°11) da rúa Manuel Murguía da vila da Barca. A rápida intervención dun Garda Civil e dos veciños fixo posible que o lume non se propagase á vivienda ata que chegaron os equipos de emerxencias. As tres persoas que se atopaban no domicilio conseguiron saír da vivienda e estaban afectadas polo fume (por posible intoxicación por monoxido de carbono) que se xerou co incendio, polo que foron evacuadas dúas delas, ao Hospital Virxe da Xunqueira para a sua valoración e/ou tratamiento. Interviron voluntarios da Agrupación de Protección Civil e os Bombeiros do Parque Comarcal, efectivos do 061, e Garda civil. Fonte Redacción de QPC

Comentarios