Xa poden presentar candidatos ao Premio María Amelia 2011


Este mes de febreiro, o Concello de Muxía abre o prazo para presentar propostas para o Premio Maria Amelia 2011. Este premio que co seu nome lembra a muxiá Maria Amelia López Soliño, a coñecida internacionalmente como a “avoa blogueira”, que falecía hai case 2 anos.
O ano pasado recaeu en Xan Fernández Carrera. Este certame con carácter anual, premiará a aquela persoa ou grupo que co seu traballo, obra, vida, etc...promocione ou enriqueza material ou inmaterialmente a vila e Concello de Muxía, en calquera dos ámbitos posibles: a cultura, a historia, o patrimonio, a etnografía, a arte, literatura, patrimonio inmaterial, defensa e promoción da cultura do mar, defensa e promoción da cultura da terra, etc…
Premios “María Amelia” é un concurso organizado polo Concello de Muxía, no que participarán todas aquelas persoas ou grupos que, cumprindo os requisitos das bases, sexan propostas por algunha asociación, agrupación de veciños/as ou particulares avalados por máis de 100 firmas.
O prazo para presentar estas propostas de persoas ou grupos merecedores do premio ábrese dende este mes de febreiro ata o 30 de abril.
Novas relacionadas
- 17-09-10: Xan Fernández Carrera galardoado co Premio Maria Amelia 2010 .
- A dualidade dos dous Premios María Amelia .
- 20-05-10: Un ano sen María Amelia .
- 02-09-07: 1ª entrevista: María Amelia fala por internet.
Fonte
- Concello de Muxía.