Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía

09:50 03/02/11

Continúa o Programa de Galeria Mulleres do Concello de Muxía para visibilizar a aportación da muller á nosa cultura. O mes de febreiro está dedicado a Xohana Torres.
Poeta, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega contemporánea. Forma parte daquelas xeracións de escritores/as que, comprometidos/as coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros. Premio da Crítica, en 1980, polo poemario Estacións ao mar.
A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.
Na BIblioteca da Muller de Muxía podes atopar os seguintes libros sobre ela:
- Polo mar van as sardiñas. Xohana Torres. Ed. Galaxia.
- Tempo de ría. Xohana Torres.
Novas relacionadas
- A mirada de 4 mulleres artistas dende Muxía.
- Decembro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da "Galería Mulleres" de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.