Martes. 19.03.2024
El tiempo

A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres

A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres
A Filósofa e poeta María Zambrano, nacida en Vélez-Málaga, no 1904, e finada en Madrid no 1991, é a protagonista do novembro da Galería Mulleres, que promove o Concello de Muxía. Foi toda unha muller comprometida coa liberdade, que durante a ditadura franquista tivo que vivir un exilio que, nas súas propias palabras «foi como a miña patria, ou como unha dimensión dunha patria descoñecida, pero que unha vez que se coñece, é irrenunciable». A pensadora recibíu o Premio Príncipe de Asturias de Humanidades no 1981 e o premio Cervantes de Literatura no 1988. Como filósofa, María Zambrano andou un camiño persoal, convertindo en método á chamada “razón poética”. Sen dúbida algunha, o seu legado é o propio dunha muller valente, que se atreveu a romper con convencionalismos. “Se María Zambrano calase – comenta o filósofo Aranguren - algo profundo e esencial faltaría, talvez para sempre, á palabra española" nós engadiriamos que faltaría algo esencial ao pensamento filosófico e á análise da palabra poética".

Biblioteca da Muller

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar os seguintes libros sobre a poeta:
  • ALGUNOS LUGARES DE LA POESIA, de María Zambrano.
  • MARÍA ZAMBRANO, de Isabel Baliza.
  • AS MULLERES NA FILOSOFIA, de Inés Fdez. Buján.

Máis información

Podes atopar máis información sobre ela en:

Galería mulleres

Fonte e máis información

Comentarios