sábado. 03.05.2025
El tiempo

Zas pon en marcha un roteiro para potenciar o paso do Camiño por Brandomil

Zas pon en marcha un roteiro para potenciar o paso do Camiño por Brandomil
A asociación cultural Grandimirum e concello de Zas veñen de crear un novo programa de camiñatas co fin de recuperar o paso por Brandomil do camiño Santiago-Muxía. Esta iniciativa súmase aos apoios dados nos plenos de concellos como o de Vimianzo e o de Santa Comba, e tamén no de Zas, para darlle vida aeste tramo. Este programa de andainas consta de catro etapas que se realizarán os sábados 29 de abril e 13, 20 e 27 de maio. A saída será sempre ás 7 horas da praza do concello de Zas e para cada etapa hai 50 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición e con preferencia para os empadroados no municipio. O custe é de 10€ por etapa e no prezo inclúese desprazamento, bocadillo, froita e agua. Os interesaso en participar deben anotarse antes do mércores 26 de abril en calquera dos centros socioculturais do municipio (Zas, 981 751 398 ou Baio (981 718 056).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Concello de Zas

Comentarios