150 nadadores encherán de deporte a Ría entre Muxía e Camariñas
Este domingo a ría de Camariñas acollerá a segunda proba do circuíto Travesía Costa Abanca, despois da celebrada na Coruña o pasado 7 de xuño. A proba que se disputará o domingo, 30 de xuño, é unha das máis esperadas do Circuito, no que participarán preto de 1.000 nadadores durante todo o verán, pola espectacularidade da súa ubicación, en plena Costa da Morte.
Unha cita que repercutirá de xeito directo na economía local.
A Travesía Muxía-Camariñas, comprenderá dúas distancias. A máis longa, cun percorrido de 4.500 metros, comezará ás 10.15 horas e discorrerá entre as praia da Cruz, en Muxía e o porto de Camariñas. A máis curta, de 2.500 metros, sairá ás 11.30 horas e percorrerá desde a Praia de Lago, en Muxía, ata o porto de Camariñas.
En canto á entrega de trofeos, terá lugar en torno ás 13.30 horas na zona do Náutico de Camariñas, onde se situará o punto central de encontro de toda a proba.
Así foi a proba de 2017:
Vindeiras probas do circuito
Tras esta proba a seguinte cita terá lugar en Oleiros, o 14 de xullo. Posteriormente, celebrarase a Travesía Costa Balarés, o 28 de xullo, e a Costa Sisargas-Malpica o 11 de agosto. Para finalizar, o 1 de setembro terá lugar a Travesía Costa Fisterra e, para rematar, o 15 de setembro, a proba especial das Pontes poñerá o broche final a un verán repleto de probas deportivas acuáticas.