Venres. 19.04.2024
El tiempo

230 nadadores participan este domingo na Travesía Illas Sisargas

Travesia nas Sisargas
230 nadadores participan este domingo na Travesía Illas Sisargas

Este domingo pola mañá celébrase a proba Sisargas-Malpica do circuito Travesía Costa Desenvolve by Duacode. Unha Malpica, de Mostra de Olería, que recibe a 230 nadadores que surcarán as augas dunha
das costas máis fermosas de España.
Debido ás restricciones Covid, o itinerario da proba de Malpica modificarase respecto de os anos anteriores, pero sempre percorrendo a panorámica desta fermosa vila marinera. A proba de longa distancia será de 3.000 metros, saíndo do porto e chegando á praia, e a distancia de 1.000 metros terá saída e chegada na praia. Do mesmo xeito que en probas anteriores celebradas este verán, na Coruña e Oleiros, espérase unha gran animación e expectación nas praias tanto nas saídas como nas chegadas, pero sempre cumprindo con todos os protocolos de seguridade establecidos.
En canto a clasificacións, de momento o circuíto xeral o lidera en categoría absoluta Cristian Fernández con 1.500 puntos, con Manu Regueiro e David Rodríguez a moi curta distancia en categoría masculina. En categoría feminina está en primeira posición Nerea Alvite, con Ana Pérez e Sonia Braña en segunda e terceira posición respectivamente. En categoría de clubs, Santa Cristina Swin ocupa a primeira posición con 7.186 puntos, seguido de En remollo con 6.757 puntos e Náutico de Vigo con 6.506 puntos. Unhas posicións moi apertadas que prometen emocións fortes tanto na cita de Sisarga-Malpica como na próxima, prevista para o 5 de setembro, que terá lugar en Ézaro.

Actividades paralelas

Haberá sesións de yoga e unha acción de limpeza de praias e recolleita de residuos, o que encaixa coa súa
vocación como evento cento por cento sostenible.

Programa para Domingo 15 de agosto
10.00h: Saída da Travesía 3.000 metros. Porto de Malpica
10.45h. Chegada primeiros participantes distancia 3.000 metros.
11.30h: Saída da Travesía 1.000 metros. Praia de Malpica
11.45h. Chegada primeiros participantes distancia 1.000 metros
13.00h. Entrega de Trofeos

Comentarios