Domingo. 28.04.2024
El tiempo

4 mazaricáns montarán a bordo dun Seat Panda para atravesar o deserto de Marrocos

Panda Raid galeria
Imaxe dunha proba anterior
4 mazaricáns montarán a bordo dun Seat Panda para atravesar o deserto de Marrocos

O Panda Team é un grupo 4 amantes do motor que se van lanzar en outubro, a atravesar o deserto de Marrocos nun mítico Seat Panda ou Seat Marbella. Estes 4 bravos, xogadores do Mazaricos CF, por certo, queren poñer o seu grao de area (nunca mellor traído) para a Panda Raid, unha proba solidaria.

Este “Rally de Pandas” terá 7 días, 7 etapas, sen wifi, sen GPS, só co úso da brúxula, para atravesar o deserto marroquí nunha proba de destreza, esforzo máximo.
Son máis de 300 equipos inscritos (de todo o mundo) os que farán esta aventura do 21 ao 29 de outubro de 2022.

Presentación

Se queredes coñecelos mellor, poderedes coñecelos o vindeiro sábado 20 de agosto, na presentación que farán, coa sesión vermú, no recinto Multiusos da Picota. Ademais haberá unha exposición de coches clásicos.

Panda Team Mazaricos

Comentarios