Xoves. 28.10.2021
El tiempo

Ambientazo e expectación na Travesía de Sisargas-Malpica

sisargas1
sisargas1
Ambientazo e expectación na Travesía de Sisargas-Malpica

O porto e a praia de Malpica foron este domingo o epicentro dunha das probas máis fermosas e que maior expectación xerou da Travesía Costa Desenvolve by Duacode. En torno a 230 nadadores participaron na travesía Sisargas-Malpica, que volveu con enerxías renovadas tralo parón do pasado ano.

A proba de longa distancia, de 3.000 metros, saíu do porto e chegou á praia, da que saíu tamén a proba de 1.000 metros e onde destacou o ambientazo e a animación do público, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade.

En canto á clasificación, Cristian Fernández logrou a primeira posición en categoría de 3.000 metros, afianzándose no posto de cabeza seguido de Manu Regueiro. En feminina gañou a proba Ana Veiga, seguida de Ana Pérez Garcia-Picher. En canto á categoría de 1.000 metros, quedou en primeira posición Maniel Souto seguido de Hugo Souto, e en feminina Catalina López con Joana Fernández en segunda posición.

Unhas posicións moi apertadas que prometen emocións fortes na próxima cita, prevista para o 5 de setembro, que terá lugar en Ézaro.

sisargas2

Medioambiente

Ademais da propia proba deportiva, a filosofía das probas de Travesía Costa ten sempre unha vertente solidaria e medioambiental. Así, foron desenvolvéndose diversas actividades como sesións de ioga ou unha acción de limpeza de praias e recolleita de residuos, o que encaixa coa súa vocación como evento cento por cento sostenible. Entre as iniciativas vinculadas á sostibilidade destaca a redución do uso de plásticos, ou potenciar o reciclaxe dos elementos necesarios para esta práctica deportiva, como os gorros de natación, para o que se están realizando probas de reconversión en pezas textiles.

comentarios