xoves. 08.05.2025
El tiempo

Gran peche ligueiro para os equipos de tenis de mesa de Vimianzo e Zas

Tenis de mesa de Vimianzo
Familia do Tenis de mesa de Vimianzo
Gran peche ligueiro para os equipos de tenis de mesa de Vimianzo e Zas

Remataron as ligas de tenis de mesa esta pasada fin de semana con protagonismo para os equipos de Vimianzo e Zas.

O Vimianzo na 3ª Div.

O pasado domingo 4 de maio disputouse en Sigueiro (concello de Oroso) a derradeira xornada de liga da 3° División Galega de Tenis de Mesa onde participan equipos de toda Galicia para pechar 8 meses de competición.

E tivo un gran papel o equipo do Vimianzo Tenís de Mesa, que acadou subcampeonato de liga obtendo así o ascenso á 2ª Galega. Dirixidos por Paco Paz, competiron polos vimianceses Simón Lema Lema, José Alberto Trillo Amigo, Abdelkarim Redjimi Lema, Pablo Calzas Moreira, Jonathan Lavandeira Trillo, Julio Figueiras Martínez, Nico Paz Pereira e Manuel Barreira Rial.

O AD Zas, en 2ª Galega e 2ª Nacional

Tenis de mesa de Zas
Os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto, á esquerda, na última xornada

Un chanzo máis arriba está a familia do AD Zas. O equipo AD Zas Ponciano Nieto disputou a última xornada da 2ª Nacional, vencendo 4-2 a Cambados, e cumplindo o obxectivo da salvanción. Un mérito enorme tendo en conta que son todo xente da casa e que o club non realizou ningunha fichaxe.

Tamen rematou a liga en 2ª Galega na que o AD Zas Talladas, formado maioritariamente por crianzas, rematou subcampion de liga e moi posiblemente consega o ascenso a 1ª Galega. Estaremos atentas.

Máis novas

Comentarios