Xoves. 23.05.2019
El tiempo

Os arqueiros de Vimianzo, cuartos no campionato galeto de clubs

Os arqueiros de Vimianzo, cuartos no campionato galeto de clubs

O pasado sábado celebrouse o Campionato Galego de Clubs co que se pecha a temporada de sala de tiro con arco. A competición celebrouse no pavillón municipal de Galán (Arteixo) e nela participaron un total de 16 equipos de toda Galicia.

Entre eles o equipo vimiancés Dousxsetenta, que estivo representado por un equipo formado por José María Lema, Isaac Varela, Jose Vázquez e Víctor Santos. Un cadro soneirán qeu acadou nada menos que o 4º posto por clubs, só por detrás dos Arc (Arteixo), Sílex (As Pontes) e Lumelar (Ourense).

A primeira parte da competición consistiu nunha fase clasificatoria que servía para definir os cabezas de serie de cada un dos grupos que se formarían posteriormente para os enfrontamentos. Douxsetenta acadou a segunda posición por detrás do club Sílex, polo que se colocou como cabeza de serie do grupo 2.

Nos enfrontamentos de grupo, os vimianceses gañaron 6 dos 7 encontros disputados, cedendo só ante un dos máximos favoritos ao trunfo, o club Arc Teixo. Deste xeito o club soneirán rematou a fase de grupos no segundo posto, que lle permitiu acceder á final de consolación, no que se enfrontou ao club Lumelar para determinar o terceiro e o cuarto posto da competición.

 

Foi un enfrontamento moi igualado no que se chegou empate a 4 puntos no cuarto set, polo que todo se decidía a frecha de desempate. A igualdade non se rompeu, xa que os dous equipos empataron a puntos no desempate, polo que a vitoria sería para aquel equipo que máis se achegase ao centro da diana. Nesta ocasión foi o Lumelar o que tiña a frecha máis próxima ao 10 polo que foron eles os que acadaron a terceira posición.

Novas relacionadas

Comentarios