As Augas de Fisterra viviron a cita final do Circuito de Travesías Costa Abanca
Rematou en Fisterra o circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode, o circuíto máis longo de Galicia de natación en augas abertas. Este domingo a vila do Cristo puxo o traxe de neopreno para recibir a máis dun centenar de participantes, que sortearon o bravo Atlántico.
Había dúas distancias, a proba longa, de 4.000 metros, nadando arredor dunha hora desde o faro de Fisterra a praia da Ribeira, e a proba curta, de 2.000 metros, da praia de Corveiro e á praia da Ribeira.
E como fixera en Balarés, Manu Regueiro venceu na proba longa asegurando así o Circuito. Por detrás entrou David Rodríguez Lago e Mario Sánchez de Santiago. En categoria feminina, María Fiol Aixarch foi a primeira, por diante de Nancy Frey e María Sánchez Ontín.
Na proba curta venceu Diego Gutiérrez López, por diante de Santy Bernárdez Iglesias e Edu Pinedo Armesto. Mentres que en chicas, venceu Catalina López González, por diante de Sonia Braña Menéndez e María Espasandín Martínez.
Clasificación xeral
Así o podios globais do Circuito, tras dous meses de competición, quedan do seguinte xeito: Manu Regueiro é o campión do Circuito, por diante de Antonio Rivas e Pablo Carro. En categoría feminina, Cristina González é a campiona por diante de Mar Martínez e Ana Belén Verdes.
A final, nas Pontes
Aínda que a de Fisterra é a última puntuable, aínda queda unha proba do Circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode, aínda que xa non será en augas abertas. O próximo 15 de setembro celébrase a Travesía Costa As Pontes, con tres distancias: 10.000 (na proba máis longa de todo o circuíto), 5.000 e 1.500 metros, que comezarán ás 10.00, ás 11.00 e ás 12.00 horas, respectivamente.
NOVAS RELACIONADAS
- Manu Regueiro e Marta Barbeito triunfaron nunha fermosa Travesía Costa ABanca Balarés.
- Maio 19: 4 probas costeiras forman parte do Circuíto Travesía Costa Abanca:
- Agosto 2018: 130 nadadores pecharon en Fisterra o Circuito Travesía Costa.
- 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.