Domingo. 15.09.2019
El tiempo

Balonmán: O ambiente, o gran vencedor

Balonmán: O ambiente, o gran vencedor

Acollía o Vila de Noia un novo derbi comarcal moito máis igualado do que di a táboa e o marcador final. Foi, de feito, en palabras de Moncho Canosa, "quizás o partido máis completo da tempada do Camariñas, polo menos durante os primeiros 45 minutos". Ao final, o Xiria escapou no marcador e se mantén na loita polo título.

Pero o máis destacable foi o ambiente vivido nas bancadas do pavillón carballés, con dúas afeccións absolutamente entregadas. "Partido para estar orgullosos, arroupados cómo non pola nosa afición e que fan mirar con optimismo os próximos compromisos", sinala Canosa.

Pola súa parte, o conxunto xalleiro, tras dúas semanas vencendo sobre a bocina, non pasaban do empate en Bueu, pero se manteñen en postos de privilexio.

1ª Estatal Masculina, xornada 19

  • Resultado: Calvo Xiria - Conservas Boya Bm. Camariñas (38-29).
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (1), Cuco (1), Julián López (3), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (14), Juanka (5), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (2), Alejando Calvete, Enrique Pena Pensado (3), Chimpo (1), Carlos García (2).
  • Bm Camariñas: 29 (14+15). Alejandro Canosa, Alan Fuentes, Cristian Canosa (9), Manuel Parga, Eusebio Martínez (3), José Manuel Romar, Alberto Mas (2), Bieito Canosa, Francisco Carril (4), Christian Antelo (1), Fabián Canosa (7), Javier Martínez, Felix Fateira, Xabier Canosa (3).
  • Parciais: 5-4 / 7-5/ 10-8/ 14-10/ 15-11/ 18-14 (Descanso) 20-18/ 24-21/ 27-23/ 31-23/ 35-26/ 38-29.

Intenso partido que tardou en romper ata o último cuarto de hora. Saíu o Xiria en tromba querendo impoñer un ritmo alto e aceptamos o reto. As transicións rápidas dos locais eran devoltas con ataques ben organizados colectivamente e con gran eficacia. O cadro visitante aguantaba, aproveitando as perdas dos locais e prantándose diante do meta carballés con moita facilidade. A grande defensa dos brancos facía que o partido se mantivese en lixeiras vantaxes para o cadro verde. Pablo destacaba no ataque verde, mentres que o blanco era un ataque máis coral.

Aproveitando un baixón local, o Camariñas colocábase a un só tanto do Xiria, a falta de 15 minutos, fito que lle fixo reaccionar, para en apenas 5 minutos conseguir unha vantaxe que chegaría ao remate aos 9 tantos. Unha diferencia que non foi tal na pista.

2ª Autonómica

  • Resultado: Bueu - Bm Xallas (31-31).

Levaban semanas xogando con lume os xalleiros e terminaron queimándose. Viaxaban a Bueu coas baixas de Edu Trillo, Iván Campos, Mario García e Gonzalo Camiño, ao que houbo que sumarlle as de Daniel Trigo e Raúl Recarey que abandonaron o partido lesionados e sendo trasladados ao Hospital Dominguez.

Controlaron a primeira parte os visitantes, que chegaron a poñerse ata 4 goles por encima (9-13 minuto 24), pero unha serie de exclusiones parvas en contra traducíronse nun parcial de 6-1 para os locais que supuxo un 15-14 ao descanso. Volveron pecar os xalleiros á saída dos vestuarios, e chegaron a verse 4 goles por baixo (18-14), pero unha pronta reacción igualou a contenda, na que tomaron a dianteira a falta de 5 minutos. Unha exclusión por vermella directa do porteiro xalleiro a falta de 5 minutos volveu meter no partido aos locais, máis a falta de 15 segundos, e coa portería dos xalleiros baleira para xogar en 6vs5 a última acción co 30-30 no marcador, chegou o 30-31 que parecía que daría a vitoria pola mínima aos de Santa Comba unha semana máis, pero un lanzamento de saque de centro directo moi rápido cando o porteiro aínda non volvera á portería supuxo o empate final a 31 a falta de 1 segundo que deixou aos Xalleiros cun sabor amargo.

Comentarios