Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Basket: O ES Bazarra ACB Costa da Morte comeza a gañar

ES BAZARRA ACB Costa da Morte feminino 21-22
Basket: O ES Bazarra ACB Costa da Morte comeza a gañar

Por fin consigue o E.S Bazarra Costa da Morte a sua primeira victoria, despois de rozala no anterior partido contra outro equipo lucense (Xuncas), decidido na prórroga.

Liga Senior Feminina - Grupo norte-único, 5ª xornada

  • Resultado: E.S BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - BALONCESTO DO LEA (61-58).
  • Parciais: 20-11; 14-14; 14-19; 13-14 // Acumulado: 20-11; 34-25; 48-44; 61-58.
  • ACB Iría, 9 ptos; Yaiza, 6 ptos; Fani, 13 ptos (3 triplas); María Castro, 21 ptos (3 triplas); Sandra, 8 ptos ( 1 tripla) - quinteto inicial - Ana, 2 ptos; Maria Mas, 2 ptos; Uxia, 0 ptos.

Neste encontro, o equipo da Costa da Morte cimentou a súa vitoria nun primeiro cuarto cun gran acerto no tiro de tres, con 5 triplas, ante a defensa en zona 2-3 formulada polo equipo lucense.

A partir de ese cuarto o equipo local tratou de manter a diferenza ao seu favor, pero o equipo visitante, facendo cambios defensivos conseguiu, a falta de 2 minutos para o remate do partido, poñerse por diante. Pero un novo e último arreón do equipo E.S. Bazarra fixo que a vitoria quedarase na Costa da Morte.

Comentarios