Brais Blanco, concentrado coa selección galega sub23 de tenis de mesa
09:52 30/03/21
Este martes 30 de marzo, o xogador do AD Zas Brais Blanco, está concentrado co resto de seleccionados galegos sub23 nun entreno que terá lugar nas instalacións de Monte Porreiro en Pontevedra. O seleccionador galego, o tamén zaseiro Miguel Rey, convocou a varios xogadores sub23 e xuvenis tendo en conta os resultados do último preestatal celebrado en Zas e tamén os resultados que cada xogador acada nas ligas. Recordamos que Brais está de reserva para participar no estatal (se é que se organiza). Tamén están de reservas nesta convocatoria Raúl López do AD Zas, na categoría xuvenil, e Ana García (sub 23) do Vimianzo TM, tendo que confirmar a súa asistencia ao seleccionador para que todas as prazas sexan cubertas.
Estes entrenos son con vistas a preparar as distintas seleccións galegas de cara a compromisos interterritiorias co resto de seleccións autonómicas e de intercambio con Portugal. O mércores 31 será o turno de futuros talentos cunha concentración en Sigüeiro, Oroso, e a el acudirán Adriano Pérez e Guillermo Santos do AD Zas de 9 e 8 anos respectivamente.

Segue a competición
Por outra parte continúan as competicións ligueiras con un balance bastante positivo para os equipos da comarca. así o AD Zas Ponciano NIeto ocupa de momento postos altos na táboa e que lle posibilitarán un ascenso a segunda nacional, o VTM Pinturas Figueiras está tamén nunha posición moi favorable para ascender a terceira nacional e o AD Zas Bazar Baio ten moitas posibilidade sde manter a categoría de primeira galega. Quedan dúas xornadas moi favorables para os equipos costeiros.