Mércores. 20.01.2021
El tiempo

A última xornada deste 2020 deixou un bo sabor de boca ao tenis de mesa soneirán

Foto do partido AD Zas O Pinar Cafeteria Talladas - Oroso TM Industrias Castro
Foto do partido AD Zas O Pinar Cafeteria Talladas - Oroso TM Industrias Castro
A última xornada deste 2020 deixou un bo sabor de boca ao tenis de mesa soneirán

Despois de acoller o Campionato Pre estatal e antes do Nadal, a familia do tenis de mesa soneirán celebrou a última xornada desta atípica temporada. Esta fin de semana tiña lugar a última xornada deste ano 2020, que coincide co final da primeira volta en 3ª Nacional e 1ª Galega e co final da liga na 2ª Galega.

 

3ª División Nacional Masculina, grupo centro

  • Resultado: Club del Mar - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).

Moi bos partidos os disputados polos Raúl López Brais Blanco e Miriam Domínguez na Coruña a pesar da derrota, pero é que o Club del Mar, aproveitando que non hai ligas nacional xogou con xogadores que competirán en 1ª División nacional como son Javi Diz e Diego Varela, e aínda así a piques estivo Brais Blanco de dar a sorpresa xa que so sucumbiu por un apretado 3-2 ante Diego Varela.
Despois tanto MIriam coma Raúl superaron a un Lei Chen non sen dificultades. Na actualidade o AD Zas Ponciano Nieto ocupa o posto septimo de dez equipos nesta liga adulterada xa que coma o Club del Mar moitos equipos utilizan a xogadores de categorias mais altas (superdivisión, división de honra, primeira nacional e segunda nacional) xa que ditas divisións nacionais non empezarán ata o 6 de marzo.  

1ª División Galega, grupo centro

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre TM Indupanel (3-3).
  • Resultado: Zoolandia Conxo TM - AD ZAs Bazar Baio (2-4).

Traballado empate do VTM Pinturas Figueiras ante un Finisterre TM, que veu cos seus mellores xogadores, pero JulioFigueiras xa dou a sorpresa no primeiro partido superando a Diego Gómez e logo Ana García gañou os seus dous partidos coma xa é nela habitual (so perdiu o primeiro partido da liga) e o resto sumaos por vitorias, Brais Touriñan nota a falla de entrenos como consecuencia de que durante o peche perimetral de Vimianzo non pode usar os espacios habituais para entrenar.

Pola súa parte, primeira vitoria nesta liga do AD Zas Bazar Baio, e tivo que esperar á última xornada da primeira volta e con moitas dificultades. Notouse que xogou Stevo Lema, sobre todo na confianza dos outros dous xogadores, e así como tamén empezar gañando o encontro no primeiro partido e despois redondeándoo José Antonio Pazos que gañou o seu primeiro partido desta liga. Pero aínda quedaba moito para a vitoria que foi posible cando Stevo superou a Ru Zhan Xu no quinto set por 12-10, e para eso tivo que remontar un 6-10 adverso neste mismo quinto set. Despois Adrián Levoso superou sen dificulftades no último partido da serie a Ramón Caamaño, iso si, cedendo un set porque non se crían que ían gañar o encontro. Golpe de moral forte para os zasences que seguro que farán unha boa segunda volta da liga.

 

2ª División Galega, grupo norte

  • Resultado: Oroso TM Industrias Castro - AD Zas O Pinar Cafeteria Talladas (4-2).

Encontro aprazado no seu día e no que os dous equipos o único que se xogaban era quen ocuoparia o cuarto e quinto posto, que sería para o AD Zas con só gañar un partido e como xa o fxo no primeiro de toda a serie podemos dicir que non tiveron máis historia o resto. Ou si ver a evolución dun Sasha Malov que con so 8 anos supera a moitos xogadores veteranos.

 

Novas relacionadas

comentarios