Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os cadetes do BM Camariñas, de viaxe a Portugal para participar no Torneo Internacional Garci Cup 22

Canteira do Bm Camarinas en Portugal
Canteira do Bm Camariñas en Portugal
Os cadetes do BM Camariñas, de viaxe a Portugal para participar no Torneo Internacional Garci Cup 22

Os equipos cadetes do Club Balonmán Camariñas, feminino e masculino, desprázanse hoxe e ata o domingo 10 a Estarreja, en Portugal. Van participar no Torneo internacional Garci Cup 22. Reúnense 3000 atletas de máis de 200 equipos, representando a 80 clubs de Portugal, España e ata Lituania.

Ademais da competición, que se realizará en tres localidades próximas, haberá tempo para a diversión. Acompañando ao espírito competitivo que supón calquera encontro deportivo, haberá un período postcompetición.
Todos os participantes poderán gozar dun programa cultural e lúdico. Son días para a convivencia e a diversión, con baños nas piscinas, paseos nos karts, coches de choque e moitas outras actividades.

Así, a expedición camariñá, formada por 19 rapaces e rapazas e dúas monitoras, disfrutará dunha experiencia integral

Comentarios