Carballo acolle a saída da 2º proba da Copa de España de Ultramaratón
10:31 17/06/22
Este sábado 18 de xuño, Carballo acolle a saída, ás 8:30h, da segunda proba da Copa de España de BTT Ultramaratón. Dende o Forum Carballo, os mellores atletas do estado farán 151km pasando polos montes de Carballo, Laracha, Arteixo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Santa Comba.
9 portos de montaña lles esperan no itinerario pola organización artellado polo Club Ciclista Monteneme.