Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Club Salvamento Acuático Laracha faise con dous récords de España

Sergio Campos do CLUB SAL LARACHA Campion Espoana
Sergio Campos no máis alto do podio
O Club Salvamento Acuático Laracha faise con dous récords de España

Esta fin de semana do 2 ao 3 de marzo 10 deportistas do Club Salvamento Acuático Laracha desprazáronse ata a cidade de Valladolid para participar na IV Spanish Short Course Champioship / IV Campionato de Cortas Distancias Xuvenil, Junior e Absoluto. Realizaron ademais unha gran participación, destacando a obtención de dous novos Récords de España.

O deportista Sergio Campos batiu de novo o récord de España na proba 50 m natación con obstáculos con un tempo 24``57, proclamándose Campión de España
O equipo masculino absoluto formado por Borja Diez, Alvaro Hidalgo, Pablo Amado e Sergio Campos tamén conseguiron bater o Récord de España na proba 4x25m relevo combinado cun tempo de 41``32 frente a 41``65, proclamándose así Campións de España.

Lucía Añón SAL LARACHA
Equipo absoluto

Así mesmo, varios dos deportistas conseguiron clasificarse para disputar as finais de varias probas, acadando moi bos resultados, entre eles dous 3º postos:
3º posto e medalla de Bronce:

  • Luis Negreira na proba 50 m socorrista xuvenil masculino
  • Lucía Añón na proba 50 m remolque maniquí xuvenil feminino
CLUB SAL LARACHA record Espana
Lucía Añón

5º posto:

  • Iria Barreiro na proba 50m socorrista xuvenil fem
  • Alvaro Hidalgo na proba 50 m socorrista junior masc

6º posto

  • Juan Martín Rodríguez na proba 50 m remolque maniquí xuvenil masc

7º posto

  • Pablo Amado Villar na proba 50 m socorrista absoluto masc
  • Borja Diez na proba 100 m supersocorristas absoluto masc.

8º posto

  • Alvaro Hidalgo na proba 100 m supersocorrista junior masc
  • David Fraga na proba 100 m supersocorrista absoluto masc

Agora seguirán traballando para preparar a Final Absoluta de Liga de Clubs e o Campionato Galego Absoluto que se celebrarán en datas próximas.

Comentarios