O Clyb Sysca proclámase campión galego xuvenil-cadete
Campións galegos en Cadete-Xuvenil
O domingo 26 tivo lugar, na piscina de As Pontes o Campionato Galego Cadete-Xuvenil. Por parte do club carballés Sysca desprazáronse 23 deportistas: 3 cadete masculino (Álvaro Lavandeira, Hugo Bardanca, Mateo Cerviño), 8 cadete feminino (Sara Puñal, Sara Suárez, Raquel Suárez, Alejandra Casal, Marta Eirís, Clea Martínez, Noa Rodríguez, Antía Cousillas), 4 xuvenil masculino (Joel García, David Lema, Kevin Pallas, Brais Pensado), 6 xuvenil femenino (Andrea Eirís, Paula Ferradás, Carla Padín, Sara Padín, Julia Varela, Sara García).
O club Sysca logrou proclamarse Campión galego en categoría de clubs, pero ademais volveu cunha marea de medallas e mesmo varios récords a nivel galego.
En resultados individuais destacaron:
• Raquel Suárez (cadete femenino) con 3 ouros e 1 prata.
• Marta Eirís (cadete femenino) con 1 prata.
• Sara Suárez (cadete femenino) con 1 bronce.
• Álvaro Lavandeira (cadete masculino) con 2 ouros 1 prata e 2 bronces.
• Paula Ferradás (xuvenil femenino) con 3 ouros (2 RECORDS GALEGOS), 1 prata e 1 bronce.
• Sara García (xuvenil femenino) con 1 prata.
En relevos os mellores resultados foron:
• Relevo cadete femenino: 4 ouros (1 RECORD GALEGO)
• Relevo cadete masculino: 2 pratas e 1 bronce
• Relevo cadete mixto: 1 bronce
• Relevo Xuvenil femenino: 4 ouros (2 RECORDS GALEGOS)
• Relevo xuvenil Masculino: 1 bronce
• Relevo xuvenil mixto: 1 prata.
3º en Alevín-Infantil
O sábado 25 disputouse na piscina municipal de As Pontes de García Rodríguez o Campionato Galego Alevín-Infantil, a onde o club Sysca desprazou un total de 22 deportistas: 9 alevín femenino (Lara Martínez, Sara Muñiz, Noa Puga, Laura Rodríguez, Noelia Fernández, Suri Traba, Candela Padín, Belén Puñal, Julia García), 5 alevín masculino (Nicolás Cerviño, Manuel Ferreiro, Rodrigo Mata, Aritz Mata, Xurxo Pereiro), 2 infantil femenino (Raquel Muñiz, Uxia Pereiro) e 7 infantiles masculinos (Mateo Pallas, Lluc Pensado, Pablo Suárez, Leo Vega, Izan Novo, Teo Periscal e Hugo García).
Neste campionato o Club Sysca conseguiu o 3º posto na clasificación xeral, por detrás do Club SAL de A Laracha e o Club Acuático Umia de Caldas de Reis.
Vindeira cita
A próxima semana o Club Sysca volve a ter actividade, xa que se desprazan 11 deportistas a Valladolid a participar no Cto de España de Distancias Cortas.