Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Daniel Díaz Rama, recibido como campión de Castela e León de motocross

18122020 recepcion-dani-diaz (3)
Daniel Díaz Rama, recibido como campión de Castela e León de motocross

Apenas 8 anos e xa gaña campionatos estatais. Daniel Díaz Rama acaba de proclamarse campión de Castela e León de motocross na categoría alevín. Un título que merece unha recepción mumunicipal como a realizada esta pasada fin de semana, para entregarlle ademais un agasallo de Sargadelos en forma de carballo.

18122020 recepcion-dani-diaz (6)

O pai agradeceu o apoio do Concello de Carballo “e tamén este recoñecemento a Dani pola súa constancia e o seu esforzo durante estes cinco anos que leva montando na moto. Este recoñecemento danos un empuxón e, se cadra, un punto máis de motivación para o vindeiro ano, no que seguiremos levando o nome de Carballo por todo o territorio nacional”.

Ademais, agradeceron a colaboración dos patrocinadores Turismo Carballo, Carballo Deporte, Cronoracing, Bar Galicia, Motopasion Store, Automecánica Álex Rama, CR Motos “e o noso club Amigos das Motos Clásicas de Bergantiños. Todos eles axudaron neste campionato”, rematou.

Agora toca volver as aulas do CEIP Pluriliingüe A Cristina a sacar as mellores notas.

Comentarios