Elian Numa segue rompendo marcas

Elian Numa
Días despois da medalla de prata nos Campionatos Galegos, Elian Numa López, adestrado por José Carlos Tuñas, vén de gañar a proba de 800m no encontro internacional de Antequera en Málaga.

O atleta ceense, este ano no Playas de Castellón, un dos mellores club de todo o estado, está a completar unha temporada espectacular. De feito, unha despois, no mitin de Valencia, destrozaba a súa marca persoal en 800m. Numa quedaba de segundo por dentrás de Cristian Voicu, pero o seu 1.49.53 serve para seguir rompendo marcas, superando mesmo na proba ao internacional español Alberto Guerrero.

A súa próxima competición será este sábado no rally de Catalunya en Sabadell.

Historial de Elian Numa