Elian Numa e Xiana Lago volven triunfar nos Campionatos Galegos de Pista

Esta pasada fin de semana celebrouse un novo Campionato Galego de pista cuberta. ExpoOurense acollía esta proba, na que volveron triunfar os dous atletas ceenses con máis presente e futuro da Cpsta da Morte.
Malia ter apenas 18 anos, Xiana Lago Andrade proclamouse Campiona Galega Absoluta de Lanzamento de Peso en 4K, superando a 2° en casi metro e medio. Realizou a súa mellor marca persoal 13'42cm e a 8cm da mínima para o Campionato de España Absoluto.
Pola súa parte, Elian Numa, sumou un novo subcampionato na proiba de 1.500m, demostrando que temos un mediofondista de primeira calidade a nivel estatal. O ceense, que este ano vén de fichar polo Playas de Castellón, un dos mellores club de todo o estado, entrou a apenas unha centésimas por detrás de Pablo Bocelo, protagonizando ambos unha das escenas máis fermosas da fin de semana.

NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: O ceense Elian Numa volve alcanzar a prata nos Campionatos de España sub23.
- Xullo 22: Xiana Lago gaña a medalla de prata nos Campionatos de España sub-20 e vai convocada coa Selección
- Marzo 22: Xiana Lago proclámase campiona de España sub20.
- 21-02-2022: Outro título Galego para a atleta ceense Xiana Lago.
- Xullo 21: Xiana Lago segue medrando conseguindo a medalla de ouro nos Campion.
- 18-07-21: Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos.
- 17-07-21: Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros.
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Marzo 20: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Marzo 2020: Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso.
- 11-02-2020: Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta.