Elian Numa segue rompendo marcas

12:50 27/01/23
Días despois da medalla de prata nos Campionatos Galegos, Elian Numa López, adestrado por José Carlos Tuñas, vén de gañar a proba de 800m no encontro internacional de Antequera en Málaga.
O atleta ceense, este ano no Playas de Castellón, un dos mellores club de todo o estado, está a completar unha temporada espectacular. De feito, unha despois, no mitin de Valencia, destrozaba a súa marca persoal en 800m. Numa quedaba de segundo por dentrás de Cristian Voicu, pero o seu 1.49.53 serve para seguir rompendo marcas, superando mesmo na proba ao internacional español Alberto Guerrero.
A súa próxima competición será este sábado no rally de Catalunya en Sabadell.
Historial de Elian Numa
- Xaneiro 23: Elian Numa e Xiana Lago volven triunfar nos Campionatos Galegos de Pista.
- Xullo 22: O ceense Elian Numa volve alcanzar a prata nos Campionatos de España sub23.
- Xullo 21: Elian Numa pecha unha colosal temporada colosal proclamándose Campion Galego Absoluto de 800m.
- Xullo 21: Elian Numa pechou unha temporada espectacular nos Europeos de Tallín.
- Xuño 21: Elian Numa repite como subcampión de España Sub23 nos 800m e pensa nos Campionatos de Europa
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Elian Numa volve clasificarse o Campionato de Europa coa Selección Española.
- Abril 21: Elian Numa supérase a si mesmo.
- Febreiro 21: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Setembro 2020: Elian Numa, volve subir ao podio do Campionato de España sub23
- Marzo 2020: Elian Numa, candidato a mellor atleta galego sub23.
- Febreiro 2020: Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel.
- Xullo 2019: Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa.
- Marzo 2019: Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee.
- 2013: Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- 2013: Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona .