Martes. 30.04.2024
El tiempo

Entradas de balonmán que limpan cuíños

Entradas de balonmán que limpan cuíños
Alberto Gómez (E.B. Xiria), Iván Andrade (E.B. Xiria), Matilde Anido (Cruz Vermella), Amparo Ceniceros (E.B. Xiria) e Ana Veira (Cruz Vermella). Alberto Gómez (E.B. Xiria), Iván Andrade (E.B. Xiria), Matilde Anido (Cruz Vermella), Amparo Ceniceros (E.B. Xiria) e Ana Veira (Cruz Vermella)

Deporte e solidariedade forman unha combinación perfecta. Así o corrobora o convenio que une a Cruz Vermella de Carballo e ás Escolas Balonmán Xiria durante estes últimos 6 anos. Un convenio do que fixeron balance esta semana os responsables de ambas entidades.

Unha das accións máis importantes é que a recadación das entradas dos equipos senior femenino e masculino, Goldie Xiria e Calvo Xiria, son doadas integramente á Cruz Vermella. En total foron 1.229€ os recadados neste 2016, a cifra maior acadada ata o momento, que reflexa ademais a boa tempada que levaron a cabo os equipos, enchendo en numerosas ocasións o pavillón Vila de Noia. Asimesmo, as campañas promovidas polas Escolas Balonmán Xiria, como “tráete un amigo ao partido” para os socios e socias, favoreceron a recadación.

Esta doazón foi destinada a adquirir elementos de hixiene infantil (57 paquetes de cueiros, 52 toalliñas húmidas, 15 xeles e champú, 15 locións corporais e hidratantes) que se sumaron ás entregas destes produtos que regularmente leva a cabo a ONG entre 52 familias con bebés en risco de exclusión social do concello de Carballo. Estas axudas de emerxencia compleméntanse con outros proxectos destinados a defender os dereitos de tódalas persoas, así como buscar solucións a medio prazo para que poidan sair adiante por elas mesmas, fundamentalmente a través do apoio na búsqueda de emprego.

Fonte

Comentarios