Venres. 04.10.2024
El tiempo

Por fin, unha xornada de vitorias para a familia do tenis de mesa costeiro

Xornada moi positiva para os equipos de tenis de mesa con maioria de vitorias, algunhas moi esperadas e necesitadas, outras de sorpresa e tamén outras que xa se previan.

AD Zas O Pinar venceu a Finisterre Desenarte
AD Zas O Pinar venceu a Finisterre Desenarte
Por fin, unha xornada de vitorias para a familia do tenis de mesa costeiro

A maior sorpresa estivo a cargo de A D Zas O Pinar que derrotou a domivcilio ao lider do grupo, logo tamén de sorpresa podemos considerar a vitoria de Concello Mazaricos a un dos equipos potentes do grupo, o Dez Portas de Lugo, despois xa se esperaban as vitorias de AD Zas Ponciano Nieto na casa do colista e que foi con mais apuros dos previstos. Tamén se esperaban as vitorias en segunda femenina e tamén alguna derrota e de derrota sorpresa foi a do VTM Pinturas Figueiras, que van comprobando que non se poden fiar de ninguén.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Naron (3-0).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Vilalba (3-1).
  • Resultado: SD A Baña - San Xoan (2-3).
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Club Del Mar (1-3).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Narón (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Vilalba (3-0).
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - San Xoan (3-2).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Club Del Mar (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Narón (3-1).
  • Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - Vilalba (3-0).
  • Resultado: Concello Mazaricos - San Xoan (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Club Del Mar (0-3).

Gran ambiente deportivo o que se viviu durante todo o día no ximnasio de A Baña, deportivo e de confraternidade pois coma sempre todas as xogadoras van comer xuntas e nesta ocasión tamén acompañaron os árbitros, donde aproveitaron para comentar e compartir todas as vivencias deste deporte. Parece que os resultados son o de menos pero para as xogadoras non o son e poñenlle todo o seu interés en cada partido. Así acaban a xornada moi cansadas pero con ganas de vivir outra xornada coma esta.

En canto ao estrictamente competitivo resaltar a igualdade en vario encontros, sobre todo nos disputados por AD Zas Cafeteria Talladas e SD A Baña contra Club del Mar e San Xoan. O deporte femenino está a despegar na comarca e as xogadoras do tenis de mesa tamén poñen o seu gran para que aumente. Esperemos que non decaiga.

2ª División Nacional masculina

  • Resultado: Cafetería Vilariño - AD Zas Ponciano Nieto (3-4).

O duelo de colistas do grupo e que nada poden facer para salvar a categoría, preveiase igualado e así foi resolvendose no partido de dobres, se nos acordamos do encontro de ida coa vitoria clara de AD Zas Ponciano Nieto comprobamos que non é o mesmo xogar na casa que fora, cambian a mesa, o chan, a pelota e moitas circunstancias a veces intanxibles pero que afectan ao rendimento do xogador. Moi ben Edu Quintela gañando os tres partidos nos que xogou, cumpliu Brais Blanco ao que se lle escapou o primeiro partido por moi pouco. E, darlle as grazas a Javi Rodríguez por acudir a pesar de ser chamado a última hora, actitude de compromiso que non falta neste xogador, e., co tempo daralle resultados positivos.

3ª División Nacional masculina

  • Resultado: Concello Mazaricos - Dez Portas (4-1).

Gran vitoria a do Concello de Mazaricose ante un rival dos postos altos do grupo, se gañase este encontro tiñan moitas posibilidades de ser campións do grupo. Compróbase que é un grupo moi igualado, non olvidemos que con esta vitoria o Concello de Mazaricos gañoulle aos dous primeiros clasificados do grupo e perdeu cos últimos. E que a falta de 3 xornadas hai seis equipos que poden ocupar as dúas prazas pendentes para o descenso. Os de Mazaricos son os que máis fácil o teñen, esperabamos que esta vitoria lles dese a permanencia matemática pero os resultados non acompañaron para que asi fose, pois enfrentanse a tres equipos co mesmo problema. Miguel Rey está moi contento de como están xogando todos e encontrase moi confiado, incluso de conseguir gañar os tres encontros, o próximo será o mais dificil, pero cando hai tanta igualdade, dificiles son todos. Para resaltar aalgún xogador é complicdo pois todos están a gran nivel, pero destacaremos a recupración de José Ángel Lado despois de pasar mais dun mes renqueante. Alex segue co seu nivel e Davidcumple moi ben nos dobres. Comprobamos como Miguel Rey volveu a ser determinante ao gañar todos os partidos que xogou.

2ª División Galega

  • Resultado: Finisterre Sphera – AD Zas O Pinar (4-0)
  • Resultado: Finisterre Deseñarte – AD Zas O Pinar (3-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – RC A Estrada (3-4).

Dúas sorpresas nos depparou esta xornada, unha moi positiva, a vitoria na cas do lider por parte de AD Zas O PInar e a outr negativa, ao ser sorprendido VTM Pinturas Figueiras polo RC A Estrada. No primeiro caso, com nada tiñan que perder os xogadores zasences xogaron libres de presión e responderon as maravillas, con moitos nervios no último partido e que escaparon ao acabar con vitoria. Os de Vimianzo sairon confiados e cando quixeron reaccionar xa quedaron atenazados polos propios nervios de non ser capaces de resolver a situación. Noraboa a AD Zas O Pinar que van sempre coa moral moi alta e con moitas ganas a cada partido. E, cura de humildade para o VTM Pinturas Figueiras. Todo serve para aprender.

VTM Pinturas Figueiras - RC A Estrada copia
VTM Pinturas Figueiras - RC A Estrada

Vindeiros compromisos

Só 5 encontros para a vindeira xornada.

Sábado 16 de marzo

  • 3ª División Nacional, en Ferrol: 17'00 h. San Xoan TM - Concello de Mazaricos.
  • 1ª División Galega 17'00 h. AD Zas Construcciones Cernadas - Arteal Ventanas B.
  • 2ª División Galega (No ximnasio do CPI de Zas):
    -16'00 h. AD Zas Dimobel Bazar Baio - Arteal Promesas; - 17’00 h. VTM Pinturas Figueiras - Club del Mar Infantil; - 18'00 h. AD Zas O Pînar - Arteal Promesas.

 

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Nas fotos comprobamos a alegria das vitorias e a confraternidade das concentracións da 2ª Nacional femenina.

Comentarios