Venres. 15.11.2019
El tiempo

O entroido fixo estragos ao tenis de mesa costeiro

Mellor terían feito os membros da familia do tenis de mesa soneirán se tivesen aprazado os seus encontros desta pasada fin de semana de Entroido. Xa pasara outros anos, e este 2019 repetiuse o conto.

O entroido fixo estragos ao tenis de mesa costeiro

Só dúas vitorias colleitaron, e como case sempre a cargo das chicas que o deron todo na concentración do sábado e a piques que estiveron de dar a sorpresa derrotando a Cinania Femenino e caeron nun encontro moi axustado contra Monte Porreiro confiteria Capri, que como no anterior enfrentamento decidiuse no partido de dobres.

A nota negativa foi a derrota de AD Zas Dimoel Bazar Baio que ultimamente non levanta cabeza e o Concello Mazaricos que foi sorprendido polos e Ribadeo. A derrota de AD Zas Ponciano Nieto pódese considerar dentro da normalidade pois non contaba con dous dos titulares.

1ª Nacional Femenina

  • AD Zas Aluminios Xeal - Monte Porreiro Confiteria Capri (3-4).
  • AD Zas Aluminios Xeal - Ribadumia TM (6-0).
  • AD Zas Aluminios Xeal - Cinania Femenino (2-4).
  • AD Zas Aluminios Xeal - Monte Porreiro Promesas (4-2).

Moi bo tenis de mesa o que nos ofreceron as chicas durante todo o sábado no pavillón municipal de Zas pois aparte dos encontros disputados polo AD Zas Aluminios Xeal tamén houbo outros 8 disputados polos demais equipos participantes nesta concentración. A piques estivo o equipo local de acadar un pleno de vitorias pero non sairon todo o ben que se desexaba, así no primeiro encontro, que xa se sabia que era o mais importante da xornada pola loita dos primeiros postos, Ana García, que estivo xenial todo o día, non rematou o seu partido contra Inés Quintana, ía 2-0 a favor e cedeu 2-3, e logo nun excelente partido superou a Mar Rivas e Miriam Domínguez cedeu ante Mar Rivas pero non se deixou sorprender por Sara Rial. Moi ben Marái Castro cumprindo no seu partido contra Sara Rial e cedendo contra Inés. No encontro de dobres, xa nos teñen acostumados a sufrir, decidiuse no quinto set por un axustado 9-11 para as pontevedresas. Con esto AD Zas Aluminios Xeal quedará no 3º posto do grupo se gaña un dos dous encontros na ultima concentración.

2ª Nacional masculina

  • AD Zas Ponciano Nieto - Vilagarcía TM (1-5).

Encontro con pouca historia, no que un xa descendido AD Zas Aluminios Xeal notou a falta de dous dos seus titulares e aproveitou para que outros xogadores se fogueen nesta categoría que polo visto aínda lle ven moi alta, pois os rivais están tamén en postos de descenso, salvou a horna Brais Blanco coa súa vitoria contra Gonzalo Recuna.

3ª Nacional masculina

  • Concello Mazaricos - SD Ribadeo Carneros TTPRO (1-4).

Tiñan moitas esperanzas de gañar este encontros os do Concello de Mazaricos pero Miguel Rey non tivo o seu dia e cando normalmente gaña os tres partidos nos que participa, nesta ocasión perdeu os tres, salvou a honra José A. Lado gañando o seu partido a Javier de Burgos, Estaban avisados de que necesitaban unha vitoria para certificar a permanencia e esta tárdalles en chegar, esperamos que non lles atenacen os nervios. O calendario é mais doado para os demais equipos implicados. Os do Concello Mazaricos terán que poñerllas todas.

2ª División galega

  • Hípica Coruña - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-1).

Non dan unha a dereitas nas últimas xornadas os de AD Zas Dimobel Bazar Baio e foi dende que viron que tiñan posibilidades de ascender cando empezaron a perder partidos e mais que eso perderon moito do seu xogo alegre, están como atenazados, candosepan por qué, e se liberen volverán a gañar. E, o do ascenso será para outro ano.  

Compromisos para este fin de semana

A 2ª División Nacional femenina terá unha concentración en A Baña durante todo o sábado con estes horarios:
11'00 AD Zas Cafetría Talladas - Narón Femenino
11'00 Concello Mazaricos - TDM Concello Vilalba
11'00 SD A Baña - San Xoan Deporte Galego
11'00 Oroso Sangiao - Club del Mar Femenino
12'30 AD Zas Cafetría Talladas - Club del Mar Femenino
12'30 Concello Mazaricos - Narón Femenino
12'30 SD A Baña - TDM Concello Vilalba
12'30 Oroso Sangiao - San Xoan Femenino
16'00 AD Zas Cafetría Talladas - San Xoan Deporte Galego
16'00 Concello Mazaricos - Club del Mar
16'00 SD A Baña -Narón Femenino
16'00 Oroso Sangiao - TDM Concello Vilalba
18'00 AD Zas Cafetría Talladas - TDM Concello Vilalba
18'00 Concello Mazaricos - San Xoan Deporte Galego
18'00 SD A Baña - Club del Mar
18'00 Oroso Sangiao - Narón Femenino

2ª División Nacional masculina:
17'00 Cafetería Vilariño - AD Zas Ponciano Nieto, en Cambados.

2ª División galega, en A Coruña:
17'00 h, Finisterre Deseñarte - AD Zas O Pinar.
19'00 h. Finisterre Sphera - AD Zas O Pinar.
17'00 h. VTM Pinturas Figueiras - RC A Estrada, en Vimianzo

3ª División Nacional.
Domingo 10 de marzo ás 11'00 h Concello Mazaricos - Dez Portas, en A Picota, Mazaricos.

Comentarios