Gran papel da familia do CDM Piragüismo Dumbría na primeira proba da Copa de España de Promesas de Slalom en Irún
O CDM Piragüismo Dumbría arrancou esta pasada fin de semana a Copa de España de Xoves Promesas de Slalom en Irún (Guipúzcoa). A proba estivo marcada polo bo tempo e o baixo caudal do río Bidasoa.
A pesar das baixas por mor das datas de fin de curso, o club viaxou con 4 rapaces que sumaron 6 saídas, xa que Carmen Llaría e José María Ferrer dobraron en kayak e canoa.
A gran protagonista do equipo foi Carmen Llaría (Infantil B), quen rozou o podioao acadar a 4ª posición nas Finais A tanto de de Kayak (112.07) coma de Canoa, onde unha penalizacion a le impediu lograr a medalla de plata.
O resto de compoñentes da expedición dumbriesa non foron quenes de meterse na loita polas medallas. Así, os padexeiros José María Ferrer, Iván Llaría e Oscar Ínsua tiveron que conformarse con disputar as Finais B clasificándose na metade da táboa nas súas respectivas categorías. Na clasificación xeral por equipos, o Dumbría finalizou nun meritorio 15º posto con 40 puntos.
Seguinte cita
A vindeira cita do calendario nacional de promesas trasladará aos padexeiros dumbrieses ata a vila pirenaica de Sort, onde competirán augas do río Noguera Pallaresa.