Martes. 25.06.2019
El tiempo

Muros adica o seu Triatlón a Iván Raña

Ivan Raña en Muros-Foto-ARiaTV
Ivan Raña en Muros-Foto-ARiaTV
Muros adica o seu Triatlón a Iván Raña

Esta semana tivo lugar a presentación do II Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña. Nesta segunda edición o Concello quere adicar o evento a un dos mellores deportistas da historia do noso país, e ademais de poñerlle o seu nome contará con el entre os participantes da proba o vindeiro 8 de xuño.

Así o anuniou Ezequiel Mosquera, da empresa de eventos deportivos EME Sports, así como Tono Uhía (Concello de Muros), Luís Vázquez (CC Muros), Isma Prigue (Club Os Salta Rejos) e Lucho Ferreirós (CR Muros), todos involucrados nesta singular proba deportiva, que celebra a súa segunda edición despois do éxito do ano pasado.

Mosquera agradeceu ao Concello esa vontade por “ir máis alá das típicas BTT e Carreiras Populares” e apostar por esta clase de deportes. De feito, o Duatlón de Muros está á volta da esquina, pois se celebrará o vindeiro 27 de abril.

O propio Iván Raña recoñeceu que cando llo propuxeron pensou “vaia liada”, por poñer outro punto vermello no seu cargado calendario. Pero lembrou aqueles tempos nos que ían nun 127 por toda España para competir e ir medrando, dando a maior importancia ás carreiras populares. “É moi bonito nestas carreiras como a xente ao remate queda na vila nos bares, charlando e botando batallas da mesma”. Un Raña que ten aínda como principal obxectivo chegar ao mundial Ironman de Hawai no mellor estado de forma posible.

A proba combina paisaxe e deporte, rematando ademais no fermoso casco vello, polo que é unha cita do máis

As inscricións podían facerse dende o web murostriatlon.weebly.com/ ou dende Emesports. Pero en apenas dous días esgotáronse as 176 prazas habilatadas.

Novas relacionadas

Comentarios