Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Laracha acolle esta fin o Campionato Provincial de Patinaxe Artística

CartelProvincialCadeteSenior
A Laracha acolle esta fin o Campionato Provincial de Patinaxe Artística

O CP Conxuro organiza, da man da Federación Galega de Patinaxe e coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Deporte Galego  e os patrocinadores Asteria, Argalla,O Noso Café e  Maluca Lobe, o Campionato Provincial de Patinaxe Artística das Categorías Cadete a Senior  que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 13 de maio  desde as 10:00 ata as 20:00 horas e este domingo desde as 9:00 ata as 21:25h.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán os seus dous programas coa finalidade de acceder o campionato galego.

Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CPA Ágora ,CP Ribeira, CPA Brión, CP Sarela, CDP Boiro,  CP Oroso, CDP Berenguela, CP Compostela, CPA Omega, CP Buxaina , CP Lenda, CP Axel, CP Maxia,  e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha. 

O CP Conxuro presenta a 3 das súas patinadoras:

  •  Antía Cotelo: cadete  feminino
  • Uxía Freire: xuvenil feminino
  • Natalia Rama: junior feminino 


HORARIOS
Sábado 13 Mañá
10:00 h. - 10:30 h. Contacto Pista Cadete feminino (7+7+7)
10:30 h. - 10:50 h. Contacto Pista Xuvenil feminino (6+6)
PROGRAMA CORTO
10:50 h. - 13:10 h. Competición Cadete feminino
13:10 h. - 14:25 h. Competición Xuvenil feminino
Sábado 13 Tarde
16:00 h. - 16:10 h. Contacto Pista Cadete masculino (5)
16:10 h. - 16:20 h. Contacto Pista Xuvenil masculino (5)
16:20 h. - 16:30 h. Contacto Pista Junior masculino (3) e Senior masculino (3)
16:30 h. - 16:50 h. Contacto Pista Junior feminino e Senior feminino (6+6)

PROGRAMA CORTO
16:50 h. - 17:25 h. Competición Cadete masculino
17:25 h. - 17:55 h. Competición Xuvenil masculino
17:55 h. - 18:15 h. Competición Junior masculino
18:15 h. - 18:35 h. Competición Senior masculino
18:35 h. - 19:40 h. Competición Junior feminino
19:40 h. - 20:00 h. Competición Senior feminino
Domingo 14 Mañá
09:00 h. - 09:30 h. Contacto Pista Cadete feminino (7+7+7)
09:30 h. - 09:50 h. Contacto Pista Xuvenil feminino (6+6)

PROGRAMA LARGO
09:50 h. - 13:00 h. Competición Cadete feminino
13:00 h. - 14:55 h. Competición Xuvenil feminino

Domingo 14 Tarde
16:00 h. - 16:10 h. Contacto Pista Cadete masculino (5)
16:10 h. - 16:20 h. Contacto Pista Xuvenil masculino (5)
16:20 h. - 16:30 h. Contacto Pista Junior masculino (3) e Senior masculino (3)
16:30 h. - 16:50 h. Contacto Pista Junior feminino e Senior feminino (6+6)
PROGRAMA LARGO
16:50 h. - 17:35 h. Competición Cadete masculino
17:35 h. - 18:25 h. Competición Xuvenil masculino
18:25 h. - 18:55 h. Competición Junior masculino
18:55 h. - 19:25 h. Competición Senior masculino
19:25 h. - 20:55 h. Competición Junior feminino
20:55 h. - 21:25 h. Competición Senior feminino

Comentarios