Lucía Pazos arrinca a tempada con outro metal nun Campionato Estatal

Lucia Pazos novo bronce estatal

Ata Suances desprazouse unha completa expedición do Judo Club Bergantiños, para participar na primeira xornada da proba da Copa España.

A máis brillante foi a muxiá Lucía Pazos, que logrou subir de novo a un podio estatal, acadando a medalla de bronce na categoría -57 quilos. Unha medalla que ademais dedicou á súa compañeira Aroa, que se lesionou no primeiro combate do día e que permanecerá un tempo apartada dos tatamis.

Raul Ponte, Aroa Blanco e Hugo Gerpe

Tamén particiou Raúl Ponte gañou dúas pelexas, aínda que non tivo opcións de repesca tras perder a terceira. O domingo tocoulles a Hugo Gerpe e Nati Cambón, perdendo nas primeiras roldas sen opcións de medalla, cabe que era a súa primeiro competición oficial.

NOVAS RELACIONADAS