Os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez triunfan en categorías superiores

Espectacular a fin de semana para os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez. O mundo do judo e di taekwondo réndese ante a potencia destes dous novos deportistas, que compiten ao mellor nivel estatal.
A judoka Lucía Pazos
Fin de semana completa para Lucía, que arrincaba o sábado, cunha medalla de Bronce na Copa de España Junior de Avilés. A deportista costeira, que adestra no CGTD de Pontevedra e nas instalacións do club Bergantiños Carballo, volveu a subir ao podium nunha competición nacional. Lucía caeu en semifinais por unha axustada vitoria da súa oponente e posteriormente gañaba o combate de bronce á representante Asturiana.
Sen tempo a descansar, o domingo participaba no campionato Galego Absoluto. E repetía medalla de bronce, un resultado espectacular tendo en conta a mocidade de Lucia, xa que aínda é de categoría cadete e aínda lle quedarían outros 3 anos en categoría junior antes de chegar á absoluta.
Lucía Pazos no podio como terceira judoka galega en categoría absoluta
O taekwondista Samuel Méndez
O muxián Samuel Méndez, pola súa parte, acadou a medalla de bronce no Open Internacional de Pontevedra desta pasada fin de semana. unha medalla que se une á tamén de bronce colleitada no Internacional de Riveira.
Samuel fixo un campionato excelente, gañando os combates de oitavos e cuartos con clara solvencia e cedendo pola mínima en semifinais nos derradeiros segundos do combate. Cómpre lembrar que aínda é junior de último ano e xa está entre os mellores de Galicia na categoría raíña.
Samuel, que milita no Maniotas de Noia e adestra no Centro de Tecnificación de Pontevedra onde está becado pola Secretarúa Xeral para o Deporte,segue en liña ascendente no seu camiño a afianzarse na categoría absoluta.
Novas relacionadas
- Outubro 21: Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo.
- Xullo 21: Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Xullo 21: Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .
- Abril 21: Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo.