Lucía Pazos sobe ao podio nacional

Se o mes de marzo foi espectacular, con tres podios nun mes, o mes de abril rematou de xeito inmellorable para Lucía Pazos. A deportista de Merexo (Muxía) vén de acadar a primeira medalla estatal para o seu Judo Club Bergantiños.
Pazos quedou 3ª no Campionato de España Cadete -57 quilos, celebrado esta pasada fin de semana en Pamplona. Todo un fito.
Foi complicada a fazaña. No primeiro combate Lucía caía coa representante de Madrid (ao cabo finalista desta competición). Tiña que acodir ás roldas de repesca vencendo ambos combates antes de tempo con total superioridade. A continuación no combate pola medalla de bronce Lucía volvía impoñerse pola máxima puntuación para alzarse coa medalla de bronce.
Lucía suma unha nova medalla para a súa colección (a primeira nacional para ela) para seguir crecendo e centrarse en novos obxectivos.

Por bando bergantiñán tamén participou Aroa Blanco. A campioa Galega en -57 quilos infantil, conseguiu en categoría infantil un 7º posto moi pelexado logo de perder o pase a disputar a medalla de bronce. Pese á súa mocidade Aroa é unha das máximas aspirantes do club a subirse en futuras ocasións ao pódium.
A semana que vén participará na copa de España Junior de Ourense que será, a primeira puntuable para o ranking nacional 2022/23.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 22: Lucía Pazos suma o seu terceiro podio nun mes.
- Marzo 22: Lucía Pazos vence o sector estatal e se clasifica para o Campionato de España.
- Marzo 22: Lucía Pazos, campiona galego Junior; Aroa Blanco, bronce na Copa de España Infantil.
- Novembro 21: Os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez triunfan en categorías superiores.
- Outubro 21: Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo.
- Xullo 21: Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Xullo 21: Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .
- Abril 21: Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo.