Lucía Pazos vence o sector estatal e se clasifica para o Campionato de España

15:03 28/03/22
Hai apenas dúas semanas proclamábase campiona galega Junior en Santiago de Compostela. Esta fin de semana, Lucía Pazos Trillo, do Judo Club Bergantiños, volvía mandarnos unha gran alegría proclamándose campiona do sector oeste de España, obtendo así a clasificación directa para o Campionato de España Junir sub21.
A muxiá, aínda en idade cadete con 16 anos, gañou os seus tres combates por ippon con gran autoridade ante as representantes de Galicia, Asturias e Cantabria.
Todo un futuro por diante para esta brava deportista, que esta fin de semana volve competir no campeonato Galego Cadete, a súa categoría, que se celebrará en Marín.

NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 22: Lucía Pazos, campiona galego Junior; Aroa Blanco, bronce na Copa de España Infantil.
- Novembro 21: Os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez triunfan en categorías superiores.
- Outubro 21: Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo.
- Xullo 21: Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Xullo 21: Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .
- Abril 21: Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo.