Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lucía Pazos segue sumando medallas nacionais

Screenshot_20220508_105722_com.facebook.katana_edit_566072995252684
Lucía Pazos segue sumando medallas nacionais

Apostaría coas compañeiras do Centro Galego de Tecnificación que se raparía o pelo se conseguía unha medalla no Campionato de España Cadete e ademais se clasificaba para o Campionato de España Junior. Non se conformou coa medalla na súa categoría, senón que Lucía Pazos quedou subcampeona na Copa Junior.

Ourense acollía a proba estatal e a nosa deportista muxiá segue sumando podios. Pazos só cedeu na final ante a representante de Navarra, sumando así os seus primeiros puntos no ranking nacional de cara ao campionato de España 2023.  

A participación do Club Judo Bergantiños completouse co 7º posto de Naira Blanco, no seu estreo en 57kilos.

Screenshot_20220508_105742_com.facebook.katana_edit_566063290300603
Lucía e Naira no Campionato 

Comentarios