Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes

Este domingo disputábase en Santiago a Copa de España de Judo en categoría Junior. Non faltou a expedidicón do Judo Club Bergantiños que acudía con dúas deportistas, Naira Blanco e Lucía Pazos, que partían con moitas posibilidades de subir ao podio, a pesar de ser aínda cadetes (Naira é cadete de 2º ano, aínda entrará o ano que vén na categoría Junior, e Lucía é cadete de 1º ano).
Naira viña de quedar a tempada pasada 5º neste torneo e este ano conseguiu subirse ao 3º chanzo do podio conseguindo a medalla de bronce, un grandisimo resultado logo dun ano e medio de pandemia sen poder adestrar moitos meses.
Lucía, pola súa banda, tamén conseguiu un moi bo resultado perdendo o combate polo bronce.
Con estes resultados augúrannos un gran futuro deportivo con grandes resultados.
Novas relacionadas
- Novembro 20: O campión do mundo Nikoloz Shereazadisvilli xa coñece á súa posible sucesora.
- Outubro 2020: Lucía Pazos comeza o curso no Centro de Tecnificación de Pontevedra.
- Febreiro 2020: Lucía Pazos segue colleitando éxitos de cara á Fase Final do Campionato de España de Judo.
- Xaneiro 2020: Unha nova prata estatal para Lucía Pazos.
- Decembro 19: Fermosa experiencia, e unha medalla agridoce, para a familia do Club Judo Bergantiños na Copa de España celebrada en Tenerife.
- Novembro 19: Lucía Pazos, campiona infantil da Copa de España de Judo.
- Agosto 19: Naira Blanco e Lucía Pazos, en Andorra coa Selección Nacional de Judo.
- Abril 19: As bergantiñáns Naira Blanco e Lucía Pazos fan un gran papel no Campionato de España de Judo.