Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete

Lucia Pazos terceira no Campeonato de Espana de Judo
Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete

Este domingo celebrouse a Copa Internacional de España de Judo Cadete de Marín. O Judo Club Bergantiños estaba representado por dous deportistas, Naira Blanco na categoría de -52 kg e Lucía Pazos na categoría de -57 kg. E os resultados foron moi positivos.

Naira, logo dunha boa competición, caía en semifinais e no combate de medalla de Bronce non conseguiu gañar quedando en quinta posición.

Si que conseguíu medalla, a de bronce, Lucía, tras realizar unha competición fantástica gañando 4 combates. Quedou deste xeito como a mellor clasificada de España, dado que as outra tres que quedaron por encima son estranxeiras.

Ademais, unha vez rematada a competición, Marín convertiuse en campo de adestramento. Ambas deportistas participan no Stage internacional post competición adestrando ata o xoves coa selección Galega.

Lucia Pazos no podio do Campeonato de Espana de Judo

Novas relacionadas

Comentarios