Lucía Pazos colócase 3ª do ranking nacional

Novo bronce para Lucía Pazos nunha proba estatal. Desta volta foi na Súper Copa de España celebrada este sábado en Vigo. A de Merexo gañaba con gran superioridade na categoría cadete en 57kg, e se coloca terceira do ranking nacional.
Lucía vencía á representante de Castilla y León e á Balear na primeira rolda. En semis puido coa deportista madrileña e na final galega bateu a Irene Vázquez, compañeira no Centro de Tecnificación de Pontevedra.

O Club Judo Bergantiños tamén desprazou a outro bo competidor. Raúl Ponte na categoría -60kg. O carballés caeu no segundo combate sen ocpións de repesca.

 

NOVAS RELACIONADAS