Lucía Pazos pecha esta incrible temporada cunha nova medalla estatal

Menuda primavera a que ten protagonizado Lucía Pazos. A judoka de Merexo arrincaba o mes de marzo quedando campiona galega Junior. Continuaba vencendo o sector oeste tamén en Junior e proclamándose Campioa Galega Cadete. Paso previo para ser subcampeona na Copa de España Junior e 3ª no Campionato de España Cadete.

Non quedou aí a cousa. Esta pasada fin de semana acoldía á Supercopa de España Junior, que se celebraba en Cáceres. E tamén volve con medalla, desta volta, de bronce, pola súa actuación en -57.

Rematou así unha temporada incrible da deportista muxiá, que pode tomarse un respiro antes de comezar cun verán cheo de stages para retomar a competición en setembro.

NOVAS RELACIONADAS