Martes. 23.04.2024
El tiempo

Mal comezo da Copa de España de Slalom para o CDM Piragüismo Dumbría

Non foi o mellor comezo o do CDM Piragüismo Dumbría na Copa de España de Slalom. A primeira proba disputábase na vila francesa de Orthez, e só Iago Canosa competiu ao nivel esperado polos costeiros.

Iago Canosa do Piraguismo Dumbria en Orthez
Iago Canosa en Orthez
Mal comezo da Copa de España de Slalom para o CDM Piragüismo Dumbría

Canosa pasou todas as rondas con suficiencia logrando o seu obxetivo principal, que era chegar á ronda final. Unha vez aí unha penalización por saltarse unha porta impediu que o de Olveira acadase un magnifico resultado, posto que o seu tempo era de podium.

Pola súa banda Jorge Quintáns e Marcos Sánchez chegaron á ronda semifinal, con Jorge logrando un prometedor 5º posto na preliminar, e tendo que pasar Marcos pola repesca. Na semifinal Jorge Quintáns foi sancionado con 50 seg. por saltarse unha porta, perdendo toda opción, e Marcos quedou fóra por apenas medio segundo, penalizado por ter que usar un barco prestado posto que rompera o seu na ronda preliminar.

A quen peor lle foi a proba é a Lorena Costa. A internacional dumbriesa saltouse unha porta na primeira manga, e na repesca non foi quen de lograr unha das dúas plazas que daban paso á semifinal.

Agora en Mondariz se xogará a súa plaza nos selectivos nos que se decidirá que equipo representará a España nos vindeiros Campionatos do Mundo.

Novas relacionadas

Comentarios