Malpica, capital do surf nacional e galego durante a fin de semana

21:35 14/11/21




O evento, organizado pola Federación Galega de Surf, Federación Española de Surf e a escola local One Surf Academy, e colaboran o Concello de Malpica, Xunta de Galicia e Deporte Galego, estaba formulado para celebrarse a finais de outubro, pero debido ao mar, adiouse ata esta finde. Desta volta o tempo si acompañou ás e aos participantes das probas e permitiu que moitos espectadores se achegase ata a praia de Area Maior para presenciar o espectáculo.