Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arranca unha nova edición de "O Mar na Escola"

No programa deste ano participarán preto de 512 alumnos de diversos colexios e institutos dos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía, Laxe e Carnota.

DSC_0011
Arranca unha nova edición de "O Mar na Escola"

A Escola de Vela Cataventos presentou este martes a décimoquinta edición do programa "O Mar na Escola 2019, Xogando co Vento", un proxecto no que participarán este ano preto de 500 alumnos de diversos colexios e institutos da Costa da Morte. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño conta, ademais, coa colaboración da Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Unha iniciativa fermosísima, que leva o mar, a través do deporte da vela, ás escolas ademais en horario lectivo. Un xeito de saír das aulas e coñecer o seu contorno de primeira man.

Á presentación, celebrada no Concello de Carnota, acudiron Manuela Gómez Marketing & Business Developer Manager Stolt Sea Farm; Emilio Ferro, Director Relacións Institucionais. Prodemar, Stolt Sea Farm; Roberto García, xefe do Servicio de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte ; José Marcote, Alcalde Concello Fisterra; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Gallega de Vela; Fan Puga, Técnico de Deportes Concello Camariñas; Carlos Pazos, Técnico de Deportes Concello Corcubión; Diego Castiñeira, Técnico de Deportes Concello Muxía; Manolo Calo, Técnico de Deportes Concello de Cee e Ramón Noceda Caamaño, Alcalde Concello Carnota.

Comentarios