A mellor patinaxe, de Malpica a Corme
A primeira fase de Niveles do 4 ao 10 da Federación Galega de Patinaxe Artística Coruña Norte reuníu este pasado sábado en Malpica a máis de 100 deportistas. O Club Patín Velúa facía de anfitrión con patinadores e patinadoras dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubians, Inercia e Lenda e Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa.
Unha xornada na que os espectadores gozaron cun gran espectáculo deportivo e artístico na que participou a Federación Galega de Patinaxe.
A clasificación íntegra pode ser consultada na FGP.Vindeira cita en Corme
A seguinte cita cos patíns será en Ponteceso. O pavillón de Corme acolle este sábado ás 17:30h unha exhibición, un encontro no que se unirán deporte e arte sobre as catro rodas e que contarán cunha ampla participación.
Así iniciaran a xornada os peques de Corme e Ponte, seguidos polos medianos de Ponte e Alicia Facal Súarez. Os peques de Corme voltarán e logo irá Daniela Ures Pose e os medianos de Ponte. Os grandes 1 e 2 de Ponte, os de Corme e os 1 e 2 de Corme, por ese orde serán os que pecharán a xornada dando a coñecer as súas dotes e capacidade artística sobre os patíns.