Miriam Domínguez, Alex Blanco e Raúl López participaron nos Campionatos Galegos de tenis de mesa

Esta pasada fin de semana, aínda allea a toda a voráxine sanitaria, a familia do tenis de mesa soneirán participou nos Campionatos Galegos benxamin e xuvenil. Ata alí foron Miriam Domínguez, Alex Blanco e Raúl López. Habia certas opcións de medalla e foi Miriam Domínguez a que volveu con ela, despois de conseguir ser semifinalista, nos dobres femininos facendo parella con Laura Rodríguez de Cinania (Cangas).
Nos individuais Raúl e Alex foron primeiros de grupo pero non pasaron dos oitavos. E Miriam quedou tamén eliminada en oitavos con Noa Bernárdez, que foi a campioa. Con todo moi bo campionato para os nosos xogadores deron mostra dun gran nivel, estando a altura dos mellores galegos da categoría.
Miriam, á dereita no podio
Torneo amistoso de Oleiros
Así mesmo, disputouse este torneo para non perder competición todos aqueles que non podían acudir aos galegos. De Zas foron Laura García, Brais Blanco e Jósé Ángel Lado e de Vimianzo Julio Figueiras, Paco Paz, Nico Paz e Brais Touriñan. José Ángel Lado gañou o Open B, Laura realizou un gran torneo xogando na categoría absoluta perdendo nas eliminatoprias contra Edgar Ramos que foi o vencedor do torneo, Brais Blanco cedeu en cuartos de final e o resto cedeu en oitavos.
Como xa sabedes estas vindeiras semanas queda suspendida a competición.
NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO
- O AD Zas Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á 3ª Nacional.
- Cee acolleu, con éxito, a súa primeira concentración de tenis de mesa escolar.
- O AD Zas Ponciano Nieto sae dos postos de descenso.
- O equipo de tenis de mesa de Cee xa compiten na 2ª División Nacional feminina.
- Menudo sábado de tenis de mesa en Zas!.
- Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa.
- O traballo do verán xa dá resultados á familia costeira do tenis de mesa.
- Os equipos de Zas superaron aos de Mazaricos e Vimianzo no comezo das Ligas de Tenis de mesa.
- Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da comarca